VITIS GALIZA
-
COSMÉTICA E SOSTIBILIDADE
REVALORIZACIÓN DO BAGAZO
O bagazo da uva Albariño (Vitis vinifera), tradicionalmente considerado un residuo, posúe un elevado valor para a industria cosmética grazas á súa riqueza en polifenois e resveratrol (compostos naturais extraídos da uva). O upcycling permite transformalo nun ingrediente botánico de alta calidade con potentes propiedades antioxidantes, antiinflamatorias e protectoras do coláxeno.
En Vitis Galiza incluimos a recollida rápida do bagazo nas adegas xunta cunha extracción limpa sen disolventes agresivos e un estrito control analítico.
Ademais dos beneficios técnicos e ambientais vinculados á economía circular, o ingrediente cumpre coa normativa europea ao achegar a documentación legal necesaria para os laboratorios compradores. Deste xeito, convértese nunha solución sustentable, segura e de alto valor engadido para a formulación de liñas cosméticas Clean Beauty.

